Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Rodosa Chapela xógase o pase a semifinais da Copa Galicia ante o Cisne de Pontevedra

RR_Noticias

Logo de superar ao BM Porriño nos oitavos de final, hoxe o pavillón de Chapela acolle o partido de cuartos de final da Copa Galicia contra o combinado pontevedrés de División de Honra. A cita é ás 21.00 horas, e confían no apoio dos seus seareiros para pasar a eliminatoria.

O equipo redondelán de Primeira Nacional conseguiu o pase á seguinte rolda da Copa Galicia ao superar ao BM Porriño nun partido moi entretido no que se puido ver moi bo xogo por parte do equipo de Fran Teixeira. O pase a semifinais será máis complicado, xa que se miden a un rival de entidade como o Cisne Pontevedra, da División de Honra. A cita hoxe martes ás 21.00 horas no pavillón municipal de Chapela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará