Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela remata a temporada de traíñas na Liga Galega cos obxectivos cumpridos

RR_Noticias

Coa permanencia na LGT-A para o equipo masculino, e o subcampionato galego na modalidade feminina, o Club de Remo Chapela dá por boa a temporada 2016. Rematada a Bandeira A Mariña xa traballan na próxima campaña co obxectivo de seguir mellorando “paso a paso”.

O presidente do club, Julio Prado, recoñece que o barco masculino optaba a rematar “algunha praza máis arriba”, pero os cambios de última hora na tripulación limitaba o obxectivo a manterse na máxima categoría do remo galego. E iso conseguiuse esta fin de semana ao rematar na 8ª praza da LGT-A. O Club de Remo Ares foi o que se fixo en Ribadeo coa Bandeira A Mariña, e tamén co título de campión galego da LGT-A, nun fin de liga moi emocionante no que ata o último minuto non se coñecía ao gañador, dada a igualdade que mantiñan con Samertolameu, que finalmente quedou en segunda posición a dous puntos. Por outra banda, o club de Perillo será o que descenda á LGT-B, logo de rematar na última posición, 11º. Rianxo, que rematou campión de LGT-B, e Cabana Ferrol, que se clasificou no “play-off”, serán a próxima temporada embarcacións da máxima categoría. LGT Feminina A embarcación feminina do C.R. Chapela proclamouse subcampioa de Galicia, por detrás de Cabo de Cruz. As de Boiro demostraron un alto nivel, propio dun equipo de liga superior como a Euskotren, a competición española de máxima categoría no remo feminino. En terceiro lugar quedou a embarcación de A Cabana-Ferrol.  

Julio Prado presidente do C.R. Chapela
O club cumpriu cos obxectivos
Un campionato de liga emocionante
Esta temporada o campionato de liga non se decidiu ata a última bandeira.
Liga Feminina
O barco feminino do C.R. Chapela acadou moi bos resultados.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará