Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O redondelán Isaac Araújo renuncia á súa candidatura nas listas do PSdeG por Pontevedra

RR_Noticias

Cinco militantes do PSdeG, entres eles o redondelán Isaac Araújo, renuncian ás súas candidaturas na lista pola provincia de Pontevedra. É o seu xeito de amosar o seu malestar pola modificación desas listas. Din que non se está a respectar a decisión da executiva provincial.

Continúa o malestar nas filas dos socialistas galegos. Cinco militantes do PSdeG renunciaron ás súas candidaturas na lista pola provincia de Pontevedra. Mesmo apuntan a que o propio cabeza de lista, Abel Losada, estudou a posibilidade de abandonar. Araújo xustifica a súa renuncia argumentando que “non se sente cómodo” nesa candidatura, crítica co que para el é “o referente do municipalismo en España”, en referencia a Abel Caballero. Temén o alcalde de Vigo se amosou decepcionado co seu partido. Acusou a actual estrutura orgánica de darlle as costas a el e a outros 13 rexedores socialistas que, xunto coa presidenta da Deputación, coinciden en que a nova listaxe electoral non reflicte a realidade política, social e electoral da provincia.  

Isaac Araújo do PSdeG redondelán
Renuncia por non sentirse cómodo coa candidatura que non respecta a decisión provincial.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará