Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Celta e Casa Paco, irmandade entre clubs

RR_Noticias

Manolo Conde, presidente do Grupo Casa Paco 81, e Carlos Mouriño, presidente do Celta, mantiveron onte un encontro na sede do museo do club redondelán no que quedaron reflectidas as boas relacións de ambas as entidades. Para Conde, a visita do presidente do Celta é “un estímulo” que serve para lembrar vellos tempos, pero tamén para facerlle saber que en Redondela “hai unha gran canteira”.

Na visita estiveron acompañados por Javier Bas, alcalde de Redondela, Julio Mougán, concelleiro de deportes, Eduardo Reguera, en representación do PSOE, Xoán Carlos González, do BNG, así como dirixentes de entidades deportivas redondelás e antigos xogadores de Casa Paco. Os responsables dos dous clubs lembraron a achega do Grupo Casa Paco 81 á canteira do Celta. Na actual tempada, algún dos seus xogadores pasaron a formar parte da estrutura céltica. E algúns xogadores formados no Casa Paco estiveron no primeiro equipo celeste, como Iago Bouzón ou Pablo Couñago. Para o presidente redondelán é importante manter esa “boa relación” entre os clubs, “é unha ilusión que se pode ver nos nosos novos futbolistas e querémola manter”. Carlos Mouriño resaltou que o labor que fan clubs como o Casa Paco 81 “é moi importante”., xa que deben superar “moitas dificultades” para formar xogadores e deportistas. Pos iso amosou o seu agradecemento “polo seu esforzo e dedicación”. O dirixente céltico percorreu o museo e puido comprobar a historia do Grupo Casa Paco 81 a través de trofeos, fotografías, camisetas e outros obxectos que se conservan desde que se fundou a entidade hai 35 anos. Tanto o Grupo Casa Paco 81, como o Celta e o Concello de Redondela intercambiáronse obsequios con motivo da reunión que transcorreu nun clima agradable. Despois de visitar o museo, todos se dirixiron ás pistas da Xunqueira. Alí atopábase unha representación dos equipos da base do Grupo Casa Paco. Tanto Manolo Conde como Carlos Mouriño, ao que acompañaban varios directivos e Germán Arterta, director da Fundación Celta, saudaron a todos os novos futbolistas. O presidente do club vigués mesmo se atreveu a lanzar un penalti. A xornada terminou coa tradicional foto de familia de todos os presentes e o compromiso de que a próxima visita será a de Manolo Conde ao Celta.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará