Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O CEIP Outeiro das Penas de Cesantes terá novo tellado para o próximo curso

RR_Noticias

A Xunta de Galicia vén de adxudicar a obra de cambio de cuberta, que supera os 156.000 euros. O prazo de execución dos traballos é dun mes, e o obxectivo é que o novo tellado estea rematado antes de que comece o curso escolar 2016-17.

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria vén de adxudicar a obra de cambio de cuberta do CEIP Outeiro das Penas, en Cesantes. O orzamento de adxudicación ascende a 156.634,5 euros, e o prazo de execución da actuación é de 1 mes. O obxectivo é que a obra poda estar lista para o inicio do curso escolar. A obra foi adxudicada á empresa Cubiertas Pizarra Galicia, SLU, polo procedemento negociado sen publicidade. A finalidade desta actuación é instalar unha nova cuberta en todo o edificio de aulas, mellorando desta forma o illamento do centro educativo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará