Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Detido en Chapela un condutor que quintuplicaba a taxa de alcol permitida

RR_Noticias

A policía nacional de Vigo-Redondela detivo a pasada madrugada a un home que circulaba a gran velocidade polas inmediacións da entrada á autoestrada, imputándolle por iso un delito contra a seguridade viaria. O detido, un redondelán de 28 anos con antecedentes similares, pasou a disposición do xulgado de garda de Redondela.

Os feitos tiveron lugar a pasada madrugada, cando unha dotación policial que patrullaba pola zona de Chapela viu un vehículo que entraba a gran velocidade na rotonda de acceso á autoestrada e saía realizando un derrape, polo que procederon a activar os dispositivos luminosos e saír tras el para evitar que seguise pondo en risco a súa vida e a do resto de usuarios da vía. Tras unha curta persecución os axentes lograron interceptar o vehículo e achegáronse ao condutor, descubrindo que presentaba claros síntomas de atoparse baixo os efectos do alcol. Unha vez realizado o control de alcoholemia os axentes comprobaron que quintuplicaba o límite máximo permitido, polo que procederon á súa detención e posterior traslado a dependencias policiais. Xa en Comisaría comprobouse que o detido tiña un antecedente policial por feitos similares, polo que pasou a disposición do Xulgado de Instrución Número Uno de Redondela en funcións de garda.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará