Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os nenos de Redondela porán os lentes a Valle

RR_Noticias

Co gallo do 150 aniversario do nacemento do escritor Ramón María del Valle-Inclán, a Biblioteca Municipal organiza o obradoiro “Os lentes de Valle”, dirixido a nenos de 7 a 11 anos. Deste xeito queren render unha homenaxe ao escritor vilanovés que dá nome á biblioteca redondelá.

Un aniversario, polo tanto, moi especial, segundo explica a responsable do centro, María Elena Becerra, co que queren poñer en valor esta importante figura das nosas letras “algo descoñecida para o público máis novo”. Farano cunha actividade “moi divertida” dirixida por Leonor Rodríguez Castro, o venres 19 de agosto, ás 11.00 horas nas dependencias da biblioteca municipal, en colaboración coa Fundación Filomena Rivero. No obradoiro farán un xogo de Trivial sobre a figura do autor, e logo os rapaces elaborarán os lentes e as barbas do escritor, transformándose así nuns “pequenos Valles”. Así mesmo, construirán uns lentes para a figura escultórica do autor que preside a Praza Figueroa, que carece deste complemento tan característico do escritor. Colocaranlle os lentes á escultura e a actividade rematará coa lectura dun fragmento dunha das súas obras. A actividade é de balde, pero as prazas son limitadas, polo que é preciso a inscrición previa. Pode facerse na Biblioteca Municipal, no Multiusos da Xunqueira ou no teléfono 986401561.  

Mª Elena Becerra directora das bibliotecas
A biblioteca quere celebrar o 150 aniversario do nacemento do autor.
Uns lentes para Valle
Os participantes farán uns lentes para a escultura de Valle-Inclán situada na praza de Figueroa.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará