Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cabana-Ferrol gaña a III Bandeira Concello de Redondela na LGB de traíñas

RR_Noticias

A enseada de San Simón foi este domingo o escenario da III Bandeira Concello de Redondela de traiñeiras, correspondente á división B da liga Galega e organizada polo C.C.D.Cesantes. Os da Cabana-Ferrol deron a sorpresa e fixéronse co título.

A segunda praza foi para o club Mariñeiros de Mera, que xa concluíran segundos en Cangas, e Náutico de Boiro acadou a terceira posición. A primeira serie gañouna Vila de Cangas, seguido de Narón e de Poboa-B, pero os seus tempos leváronos ás tres últimas prazas da xeral, sendo cuarto Rianxo, que lidera a xeral.
LGA
Na Liga Galega A, na que milita o Club de Remo Chapela, a tripulación do Club Remo de Ares proclamouse campioa da II Bandeira Parquistas de Carril de traiñeiras, nunha final emocionante moi igualada con Samertolaméu e Poboa. Deste xeito Ares aperta máis a clasificación xeral e agora a diferenza con Samertolaméu, que foi segunda na proba, é de só un punto: 104 os de Meira e Ares con 103, e na terceira posición Poboa, con 98. Os de Chapela son oitavos na xeral logo de rematar o domingo na sétima posición.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará