Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Alternativa Veciñal de Pazos esixe a dimisión de Severino Reguera, acusado de suborno

RR_Noticias

A Agrupación de Electores Alternativa Veciñal de Pazos vén de presentar unha moción na que solicitan a dimisión de Severino Reguera como concelleiro e tenente de alcalde de Pazos, logo de que a Fiscalía de Pontevedra presentara contra el acusación por un delito continuado de suborno. Se o edil non presenta a súa renuncia, esixen ao alcalde que o cese das súas funcións.

Luciano Otero, voceiro da Agrupación de Electores Alternativa Veciñal, explica que “ademais das responsabilidades penais tamén deben existir responsabilidades políticas”. Logo de facerse público que a Fiscalía de Pontevedra presentou acusación por un delito continuado de suborno contra Severino Reguera, para quen pide un ano de prisión nun caso que afecta tamén ao o ex-presidente da Deputación Rafael Louzán, entenden que o Concello de Pazos debe tomar medidas. Alternativa Veciñal lamentan que nos últimos anos “mentres á xente do común se nos esixían esforzos e sacrificios, unha elite privilexiada adicouse ao saqueo sistemático e organizado de recursos públicos, ao fraude ou á evasión fiscal”. Sinala Luciano Otero que Pazos de Borbén “non é alleo a este clima de corrupción”, e sinala ao PP da localidade “como unha peza máis desa maquinaria”. Denuncia “corruptelas diarias”, coma o reparto “discrecional” de recursos públicos, caso dos postos de emprego temporais, ou concesións de obras “irregulares”, licitadas tanto polo Concello como pola Deputación de Louzán, que benefician a empresas “do entorno do PP” e que tamén están a ser investigadas pola fiscalía, entre elas unha empresa “de familiares directos do tenente de alcalde Severino Reguera”. Por iso “á marxe das responsabilidades penais que poidan derivarse do proceso xudicial en marcha”, Alternativa Veciñal considera que coa acusación en firme Severino Reguera debe asumir as súas responsabilidades políticas e dimitir. E, no caso de que este non renuncie aos seus cargos no Concello, solicitan ao alcalde Andrés Iglesias “que o aparte de todas as súas funcións de goberno”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará