Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rande celebra o seu XII Xantar e Romaría popular na Finca do Alemán

RR_Noticias

Este domingo, día 14, os veciños e membros da Asociación Deportiva e Cultural de Rande teñen a súa cita anual. Unha festa na que as familias se reúnen para compartir un xantar, e gozar da música e os xogos populares para todas as idades.

Juan Comesaña, presidente da asociación, explica que as actividades comezarán ás 12.00 horas, con música e troula. No xantar non faltarán os mexillóns, a empanada, o churrasco e os criollos, con café e roscón para a sobremesa. Unha xornada “entrañable”, segundo Comesaña, no que os veciños se reúnen para celebrar o seu “día grande”. O lugar onde se celebra esta romaría é tamén moi especial, nunha carballeira fronte ao mar. Un lugar recuperado polos veciños logo da inauguración do Museo Meirande, xa que a zona estaba chea de maleza. Agora é un lugar de espallamento moi agradable onde pasar unha xornada de lecer.    

Juan Comesaña presidente da asociación
O Xantar Romaría é o día grande para os socios e veciños.
Un lugar privilexiado
A finca do alemán nas proximidades do Museo Meirande é un lugar privilexiado para celebrar a romaría.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará