Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Regresan ás súas vivendas os veciños desaloxados polo lume en Ventosela e O Viso

RR_Noticias

Unha vez controlados os focos que ameazaban as casas nestas parroquias de Redondela, os efectivos de loita contra incendios traballan agora para apagar o lume que afecta ao monte. O incendio orixinouse na tarde de onte en Soutomaior, e o forte vento do nordés fixo que se propagara rapidamente ata as parroquias de Redondela. O alcalde, Javier Bas, non dubida da intencionalidade do incendio por parte de “delincuentes”.

Minutos antes das catro da tarde saltaba a alarma na parroquia de Soutomaior. O alcalde de Redondela, Javier Bas, explicaba que o forte vento norte propiciou que as chamas se desprazasen rapidamente e chegase á parroquia de Ventosela, onde se achegaron con perigo ás vivendas. Na zona vivíronse momentos de gran angustia e nerviosismo entre os veciños pola proximidade do incendio, que obrigou a evacuar varias vivendas e aos rapaces acollidos en Aldeas Infantís, que foron trasladados ao cuartel de Figueirido. Pola súa banda, a Garda Civil desaloxou ao catro habitantes dunha vivenda no barrio de Alxán, no municipio de Soutomaior. A Xunta decretou a “situación 2”, unha medida preventiva durante os labores para tratar de controlar o lume, pola proximidade do incendio forestal a núcleos habitados. Segundo informou a Consellería de Medio Rural, neste incendio traballan nos labores de extinción un técnico, tres axentes, sete brigadas, nove motobombas, unha pa, sete helicópteros e un avión, xunto a efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME). Xunto aos efectivos da Xunta, Grumir e os militares desprazados, tamén os veciños axudaron para combater as lapas.  

Javier Bas alcalde de Redondela
O lume propagouse rapidamente por mor do forte vento.
Situación actual
Unha vez a salvo as vivendas os esforzos céntranse en sofocar o lume no monte.
Incendio provocado
O rexedor non dubida de que se trata dun incendio provocado.
Unha tarefa de todos
O alcalde fai un chamamento para que todos os veciños se impliquen nas tarefas de coidar e vixilar o monte e denunciar aos incendiarios.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará