Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Entroido de Verán de Redondela amplía a programación e os espazos públicos para a festa

RR_Noticias

O sábado 20 de agosto Redondela volverá ateigarse de xente para celebrar un evento que agarda superar os 30.000 asistentes. A música do dúo K-Narias súmase á VI Gala Drag Queen. Polas rúas haberá espectáculos con Troula Animación, e os máis pequenos terán o seu espazo reservado na Praza da Casa da Torre con animación e obradoiros. Instalaranse inchables na pista da Xunqueira.

A data da festa de carnaval máis agardada do verán galego xa ten data oficial. A cita, organizada polo Concello de Redondela en colaboración coa Asociación de Empresarios será o 20 de agosto. O concelleiro Jesús Crespo explica que este ano fan “un esforzo adicional” para levar a programación a outros puntos da vila, ademais do recinto do Campo da Feira. Increméntase así o orzamentos para os espectáculos polas rúas, con Troula Animación. No recinto da festa actuarán La Ricura, que repiten logo do éxito da pasada edición, xunto co dúo K-Narias e a orquestra New York, que porán o ritmo á noite xunto cos DJ´s. Outro dos pratos fortes da noite será a VI Gala Drag Queen, que este ano reparte 1.800 euros en premios. A organización estima que máis de 30.000 persoas se achegarán a Redondela para participar no XIX Entroido de Verán, polo que se multiplica tamén a seguridade no recinto.  

Jesús Crespo concelleiro
O Concello amplía a progración a outras rúas.
Máis afluencia
Cada ano aumentan os asistentes
Festa participativa
O edil anima a veciños e visitantes a disfrazarse

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará