Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Pleno condena o franquismo e recoñece ás mulleres que axudaron aos presos de San Simón

RR_Noticias

A moción, presentada polo BNG, foi aprobada por unanimidade e na mesma establécese que se organicen en Redondela unha serie de actos encamiñados a resarcir a memoria histórica e recoñecer expresamente o traballo e apoio das mulleres que colaboraron na mellora das condicións de vida dos centos de presos que pasaron polo penal da Illa de San Simón entre os anos 1936 e 1943. Demándase tamén á Xunta de Galicia que se recupere o carácter de illa da Memoria para o arquipélago.

Na moción presentada polos nacionalistas, o seu voceiro, Xoán Carlos González, facía fincapé no feito de que “hai unha década, recoñecéuselle a San Simón, un destacado papel de recuperación da memoria histórica como Illa da Memoria” carácter que segundo dixo perdeuse en canto chegou o PP ao goberno da Xunta. Foi ese punto o que creou máis debate xa que mentres os grupos da oposición reclamaban que se recupere ese carácter de Illa da Memoria, a voceira do PP, Carmen Amoedo salientaba que “non é incompatible lembrar esa parte da nosa historia e homenaxear aos presos que alí estiveron coa organización doutro tipo de actividades para goce do público”. Dende o PSOE Anabel Rey reclamaba ao goberno local que traballe na organización de actividades que sirvan para concienciar mentes o voceiro de AER, Bernardo Crespo aplaudía que por fin se lle vaia facer un recoñecemento a esas mulleres que no seu día arriscaron a súa seguridade por mellorar na medida do posible as condicións de vida dos presos que estiveron no penal de San Simón. Coa aprobación da moción o concello condena o golpe de estado militar do 36 e da ditadura franquista, aproba “a eliminación, supresión ou anulación dos acordos, distincións e símbolos que reflictan a adhesión e colaboración da institución coa Ditadura” e finalmente establece que se organicen dende a administración local e ao longo deste ano “diversos actos de recoñecemento do labor das mulleres que de xeito desinteresado colaboraron na mellora das inhumanas condicións de vida dos presos de a Illa de San Simón”.  

Xoán Carlos González BNG
Os nacionalistas presentaron a moción da Memoria Histórica
Carmen Amoedo PP
Entende que a Illa do Pensamento xa inclúe o concepto de Illa da Memoria
Anabel Rey PSOE
Os socialistas propoñen ao concello que sexa abandeirado na organización de actos da memoria
Bernardo Crespo AER
AER xa propuxera no seu día que as mulleres que axudaron aos présos tiveran algún recoñecemento
Raquel Quintáns concelleira non adscrita
Aplaude a inciativa

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará