Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cursos intensivos para obter o carné de manipulador de produtos fitosanitarios

RR_Noticias

O Concellería de medio ambiente en colaboración coa Xunta de Galicia convoca dous cursos intensivos para a obtención dos carnés fitosanitarios, imprescindibles para manipular sulfatos e outros tipos de compostos químicos. As persoas interesadas deberán inscribirse no concello ou chamando ao teléfono 986 400300 en horario de mañá antes do xoves día 7.

O Concello realiza esta convocatoria ante o elevado número de solicitudes recibidas. Impartiranse dous cursos intensivos durante a semana do 11 ao 15 de xullo. En colaboración coa Xunta de Galicia, que aportará docentes, material e unha aula móbil, se realizarán de luns a venres en dúas quendas, ben de mañá de 9:00 a 14:00 ou ben de tarde entre as 16:00 a 21:00 horas. Para anotarse, chamar en horario de 8:00 a 14:00 ao Departamento de Medio Ambiente do Concello de Redondela 986 400 300 ou achegándose ao propio departamento do Concello. Prazo máximo para inscribirse, ata o vindeiro xoves día 7 as 13:00 horas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará