Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela oferta unha praza de coordinador para o servizo de salvamento

RR_Noticias

As persoas interesadas deberán presentar as súas solicitudes como data límite o próximo xoves 30 de xuño. O obxectivo da convocatoria é garantir unha adecuada prestación  do servizo de socorrismo para realizar a vixilancia e o salvamento nas praias do concello ante a chegada do período estival. Contratados xa os socorristas e os patróns de embarcacións, precísase agora dun coordinador, quen desenvolvería os seu traballo a tempo completo por un período de tres meses cunha retribución bruta mensual de 1.207 euros.

A persoa contratada encargaríase de coordinar as actuacións dos patróns de embarcación e dos socorristas marcando as directrices das tarefas a realizar, organizando o servizo e poñendo en coñecemento da concellería o material necesario, así como informar das incidencias e anomalías que se produzan.
Ademais de estar desempregados os candidatos deberán posuír o equivalente á titulación académica de grao medio, formación profesional de primeiro grao ou titulación específica das tarefas que desempeñe ou ben acreditar unha dilatada experiencia adquirida no sector así como estar en posesión do carné de conducir, clase B. As bases desta convocatoria pódense consultar na páxina web do concello de Redondela.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará