Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Reabren a praia de Arealonga ao baño logo dunha semana pechada por un vertido de augas fecais

RR_Noticias

As últimas análises realizadas confirman que non hai perigo para os bañistas, que poderán volver mergullarse nas augas desta praia de Chapela. No Concello apuntan agora a un vertido procedente directamente da depuradora de Teis como causante dos altos niveles de contaminación. As análises repetiranse semanalmente para garantir a seguridade do baño.

As novas análises de Sanidade apuntan a que o pico de contaminación que se detectaba o pasado mércores nas augas de Arealonga estaría superado. De feito, o informe establece que os niveis son aceptables e non supoñen risco para a saúde polo que onte se reabría ese areal ao baño. O novo informe subliña que os niveis de Escherichia Coli reducíronse notablemente polo que a Concellería de Medio Ambiente procedeu a retirar os carteis de prohibición do baño.
Agora dende o Concello intentan coñecer os informes de Augas de Galicia e Aqualia sobre o que puido acontecer, xa que si ben nun principio todo apuntaba a un vertido puntual ao río Pugariño, que desemboca nun dos extremos do areal, agora as pescudas xiran en torno á depuradora de Teis.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará