Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Joshua Rodríguez (En Marea): “Non fomos capaces de motivar á xente”

RR_Noticias

Caída importante para a confluencia En Marea que en Redondela lograra 6.148 votos no pasado mes de decembro e que agora cae catro puntos e queda con 5.350 apoio. Unha situación que os relega ao segundo posto, por detrás do PP, logo de que nas pasadas eleccións irromperan como primeira forza en Redondela.

Uns resultados negativos que Joshua Rodríguez, representante de En Marea en Redondela, recoñece sen paliativos ao entender que a súa formación non foi quen de motivar a xente. Con todo, entende tamén que as enquisas demobilizaron ao votante “o feito de que todos os prognósticos auguraran tan bo resultado fixo que a xente non se preocupara por ir votar” Confía nun acordo co PSOE e con outras forzas que fagan posible un goberno de progreso “unha terceira elección sería un fracaso absoluto que non beneficiaría a ninguén, os socialistas teñen que ser conscientes de que novos comicios só provocarían máis abstención”.  

Joshua Rodríguez En Marea
O representantes de En Marea en Redondela achégase aos nosos micrófonos para valorar os resultados das eleccións

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará