Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A construción dun muro de contención en Cesantes obriga a suprimir un carril na N-550

RR_Noticias

O Ministerio de Fomento, a fin de reparar os danos producidos polos temporais, ven de iniciar as obras de construción do muro de contención definitivo do noiro que corría perigo de derrube na saída do núcleo urbano de Cesantes. A ausencia de beiravía neste tramo da estrada obriga a eliminar un carril e regular con semáforos o paso alternativo de vehículos. O orzamento estimado das obras ascende a 274.747 euros.

Dende a xornada de onte un semáforo móbil regula o tráfico nas inmediacións do muro de contención situado na N-550 na saída cara a Pontevedra dende o núcleo urbano de Cesantes co gallo de permitir a circulación mentres duren as obras que está a realizar Fomento. Unha actuación que chega meses despois de que nese punto as fortes precipitacións de febreiro provocaran un desprendemento de terra.
Nun primeiro momento, nos días despois ao derrube “procedeuse a estabilizar o noiro mediante un muro de contención provisional, para permitir o tráfico bidireccional neste punto da estrada N-550”. Explican dende Fomento que “as condicións meteorolóxicas favorables permiten agora a execución do muro de contención definitivo”.
Mentres duren as obras produciranse afeccións ao tráfico, regulado mediante paso alternativo de vehículos, debidamente sinalizado.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará