Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rouban en Cesantes a placa homenaxe aos remeiros falecidos

RR_Noticias

A placa fora instalada na rotonda de entrada á praia da Punta en abril do ano 1995 en memoria de catro remeiros do Club de Remo de Cesantes que faleceran nun accidente de tráfico en Chapela. O roubo producido esta semana produce indignación entre os veciños que nos últimos tempos están a padecer unha vaga de roubos no mobiliario urbano.

A placa fora colocada polo Concello a petición do Círculo cultural de Cesantes hai 21 anos. Unha peza elaborada polo alumnado a escola taller e que consistía nun monolito de pedra no que se instalou esta placa de bronce co texto “na memoria dos remeiros falecidos”. A desaparición da mesma indigna aos veciños que nos últimos tempos teñen tamén denunciado un incremento notable de roubos no mobiliario urbano da parroquia “incluso teñen roubado as tapas dos sumidoiros”. O motivo dos roubos non é outro que económico, xa que na maioría son pezas de ferro ou bronce que acaban no “mercado negro”. De feito, a súa comercialización está moi controlada no noso territorio polo que se desconfía que placas como a de Cesantes acaben en chatarrarías de Portugal “o cal fai practicamente imposible que se poida recuperar”. Dende a Asociación de Veciños, Fernando González amosa a súa indignación por estes roubos “algúns dos cales poñen en perigo aos veciños, por exemplo os que afectan ás tapas do sumidoiro cuxa subtracción supón un perigo para condutores, viandantes e sobre todos nenos”. Dende o Concello e ante estes roubos optaron por cambiar as pezas roubadas por outras de plástico. O concelleiro de interior, Arturo González amosaba tamén a súa tristeza ante o último acto de vandalismo que afectou a esta parroquia e que “causa dor entre as familias dos falecidos aos que se dedicara esa homenaxe”.  

Fernando González AVV Cesantes
Unha placa homenaxe a catro remeiros falecidos
Difícil de recuperar
Material que acaba en chatarrerías de Portugal
Vaga de roubos
Un perigo sobre todo o robuos de tapas do sumidoiro
Arturo González edil de interior
Lamenta estes actos de vandalismo

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará