Hoxe é Mércores 24 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Intenso programa dirixido á xuventude con deporte, ocio e estancias en San Simón

RR_Noticias

A concellería de xuventude de Soutomaior ten aberto o prazo de inscrición nas actividades que se van desenvolver neste municipios durante os meses de verán. Todas as propostas van dirixidas preferentemente a mozos e mozas empadroados con idades comprendidas entre os 12 e os 35 anos. Entre as máis atractivas destaca o encontro da mocidade que se vai desenvolver en San Simón do 23 ao 26 de agosto. Máis información e inscrición na OMIX, 986700822 omix@soutomaior.com

A Concellería de Xuventude do Concello de Soutomaior abre o prazo de inscrición para as actividades programadas para os meses de verán. Como en anos anteriores ofértanse unha serie de actividades para que o verán que nesta edición contan con novidades como a actividade de aquagym que se combinará con bailes veraniegos e que se realizará na praia da Muxeira e na Pista de Patinaxe. Outra das novidades é a actividade de paddel surf e a combinaremos con surf e, tamén, este ano por primeira vez ofertamos un curso de breakdance.
A isto engádense actividades xa coñecidas como o festival danzarte, exposición da escola municipal de debuxo e pintura, representacións teatrais dos grupos da Escola Municipal, concurso de karaoke e o festival de cultura urbana que será unha das últimas citas programadas e que se desenvolverá o 10 de setembro.
Xunto a estas actividades tamén está en marcha o programa de educación non formal Deseñando o teu futuro, que consiste en realizar visitas e estadías en empresas para que a mocidade poida tomar decisións sobre o que queren estudar ou a que se queren adicar contando con experiencias reais e concretas en entornos sociolaborais. Os mozos e mozas que participen neste programa tamén asistirán a actividades lúdicas.
Dende a Concellería destacan de entre todas as actividades o Encontro da Mocidade que se vai desenvolver nas instalacións de San Simón en Agosto desde o día 23 a 26.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará