Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Educación investirá 280.000€ nos colexios de Laredo e Outeiro das Penas en Cesantes

RR_Noticias

As actuacións máis importantes e que se van financiar con cargo ao Plan de Investimentos nos centros educativos da Xunta consistirán na creación dun espazo para usos múltiples e psicomotricidade no Colexio de Laredo en Chapela e a instalación dunha nova cuberta no colexio de Cesantes. Beneficiaranse tamén destes investimentos os centros educativos de Santo Paio de Abaixo en Reboreda, o Colexio de Cedeira e o Instituto Mendiño.

O Conselleiro de Cultura, educación e ordenación universitaria visitou na xornada de onte os centros educativos do concello para trasladarlles os investimentos que se van realizar no noso concello enmarcados dentro do Plan de Inversións da Xunta e no que se inclúen diferentes actuacións que afectarán aos centros de educación primaria de Laredo en Chapela, o colexio de Cedeira, o CEIP Santo Paios de Abaixo e o Ceip Outeiro das Penas. Tamén se inclúe nestas plan unha partida para o Instituto Mendiño.
Unha das actuacións máis importantes, por valor de 140.000 euros, contempla a ampliación de aulas e espazos de uso educativo do Ceip Laredo, para a creación dun espazo acondicionado para usos múltiples e psicomotricidade, así como zona de patio cuberno. Outra partida de contía semellante investirase no colexio Outeiro das Penas en Cesantes, centro no que se via instalar unha nova cuberta con illamento axeitados e materiais máis resistente en todo o edificio.
En Reboreda, no colexio Santo Paio de Abaixo, a actuación que se vai financiar por parte da Consellería consistirá na mellora e ampliación da zona de comedor escolar, necesidade transmitida polo propio centro e a Anpa dende hai anos ante o elevado número de usuarios deste servizo complementario. Tamén se vai dotas a zona infantil de novos aseos.
Por último, a Consellería comprométese a reparar as humidades que afectan á zona de música e psicomotricidade no colexio de Cedeira, no que se produciron pingueiras este inverno  que precisan dunha rápida reparación.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará