Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Choco é o flamante campión provincial

RR_Noticias

O C.D. Choco gañou a súa segunda Copa Deputación consecutiva tras derrotar ao Alondras por 2-1 na final do torneo celebrada onte en Coruxo, no campo do Vao. Os de Marcos Montes impuxéronse ao equipo do seu irmán Jacobo malia xogar cun homes menos durante máis de media hora.

O partido, que comezou cunha aperta entre os irmáns Montes, púxose pronto de cara para os redondeláns. Hugo Sanmartín aproveitou a primeira xogada clara de ataque do Choco para superar a Lorenzo. Ronald disparou dende a zona lateral, o porteiro rexeitou con apuros e o dianteiro cabeceou ó fondo da rede. Co 1-0 no marcador chegouse ao descanso, pero aos sete minutos de comezar a segunda parte Fernán viu o segundo cartón amarelo. O equipo de Marcos Montes quedou en inferioridade e o técnico tivo que mover o banco para aguantar o envite do Alondras. Entraron Fer e Molinos e a receita funcionou. Hugo aproveitou unha transición rápida do Choco para facer o segundo tanto. Deste maneira o Alondras tiña que facer dous goles, e Jacobo Montes tamén fixo modificacións no seu xogo. Comezou a enviar balóns longos e Andrés aproveitou un centro lateral para axustar o marcador co 2-1 a falta de nove minutos. Pero aguantaron os de Redondela a recta final e Marcos Montes, que esta temporada substituíu ao seu irmán Jacobo no banco do Choco, volveu conseguir o título para os redondeláns.
Choco: Adrián, Ronald (Molinos, min. 58), Yago Vázquez, Lucas, Gándara, Xosé Ramón, Rober (Silva, min. 74), Comis (Fer, min. 54), Óscar Pérez (Félix, min. 69), Hugo, Fernán.
Alondras: Lorenzo, Iván (Rafita, min. 46), Casti, Fiuza (Abel, min. 80), Agujetas, Rubén Comesaña, Joni, Álex Gómez (Diz, min. 61), Adrián Rodríguez, Andrés, Champi (Gabri, min. 77).
Goles: 1-0, min. 6: Hugo Sanmartín; 2-0, min. 72: Hugo Sanmartín; 2-1, min. 81: Andrés.
Árbitro: Pablo Álvarez Calderón. Expulsou por dobre amonestación a Fernán (min. 52). Amosou cartón amarelo a Yago, Xosé Ramón, Silva e Óscar polo Choco e a Andrés polo Alondras.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará