Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR busca relevo na directiva logo dunha temporada na que cumpriu todos os obxectivos

RR_Noticias

O club de balonmán redondelán rematou a temporada 2015-16 cos deberes feitos, e con nota. Todas as categorías do club acadaron o seu obxectivo, e na categoría de División de Honra Prata Feminina mesmo o superaron, ao consolidarse nunha categoría na que eran novatas.

O presidente, Aurelio Krook “Lito” salienta que o balance da temporada é “moi positivo”, xa que ademais de acadar mellores resultados dos agardados en moitas categorías, conseguiron facelo dando paso á canteira. Incorporar a xogadores novos é tamén “a filosofía” do club, e o relevo xeracional está garantido. Logo dunha temporada espléndida no deportivo, e coas contas do club tamén saneadas, a SAR busca agora un relevo na directiva. A xunta acordou abrir o prazo de presentación de candidaturas para dar recambio aos actuais responsables do club. Krook anima ás persoas próximas ao club a que dean o paso, para que poidan achegar novas ideas ao club. Afirma que se trata dunha experiencia “moi satisfactoria”, malia que recoñece que é “traballosa”. Os interesados deben presentar as súas listas na sede da entidade, no pavillón municipal de Redondela, antes das 22.00 horas do 25 de xuño. No caso de que se presenten varias listas fixarase data para as eleccións no mes de xullo, que é tamén cando se celebrará a asemblea xeral.  

Aurelio Krook presidente
O presidente do club fai un balance moi positivo da temporada a todos os niveis.
Relevo na directiva
O prazo para presentar candidaturas remata o 25 de xuño.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará