Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marcos Montes: “Temos que deixar a portería a cero para viaxar con opcións a Zaragoza”

RR_Noticias

O Choco xa coñece ao seu rival na segunda eliminatoria da fase de ascenso a Segunda División, co que xoga o domingo en Santa Mariña. O Zaragoza B é un duro rival, campión do grupo aragonés de Terceira . Antes teñen unha importante cita en Bouzas ante o Rápido, a semifinal da Copa Deputación que xogan esta noite ás 21.00 horas, con entrada de balde.

Foron artífices de toda unha fazaña, pasar á seguinte rolda logo de superar ao Badaxoz cun empate no Nuevo Viveiro, un terreo moi hostil e cun home menos toda a segunda metade. E agora queren “prolongar o soño” ante o filial do Zaragoza, o seu próximo rival. Un equipo moi duro, con excelentes resultados tanto a nivel defensivo como ofensivo. O adestrador redondelán, Marcos Montes, está a estudar “as debilidades” do rival co obxectivo de deixar a portería local imbatida este domingo. Deste xeito podería viaxar a Zaragoza con opcións de clasificarse para a seguinte fase e seguir “facendo historia”. Para Montes será fundamental o apoio do público redondelán, que confía en que encha o campo de Santa Mariña para arroupalos, tal como fixeron ante a visita do Badaxoz. Será o domingo ás 18.30 horas. Independentemente do resultado desta eliminatoria, os arrastres de Segunda División poderían influír na fase de ascenso que xoga o Choco. Todo pasa pola que aconteza co Mallorca, agora en postos de descenso a Segunda B. Se finalmente baixa o sábado, o seu filial non poderá subir a esa categoría, malia que acadou praza o pasado domingo ao superar ao Zaragoza B. Esa vacante podería ocupala o equipo aragonés. E o Choco podería estar clasificado directamente para a terceira eliminatoria de ascenso sen necesidade de xogar ou aínda que perdese a eliminatoria co Zaragoza. Pero todo son especulacións, porque a Federación Española de Fútbol podería tomar a decisión unha vez rematada a fase de ascenso na súa totalidade. E o beneficiado podería ser o equipo que quede emparellado co Zaragoza B na terceira eliminatoria, se é que que os maños superan ao Choco. Pero iso non está na man do club redondelán, por iso queren centrarse en facer o que si é responsabilidade súa, xogar esta eliminatoria “do mellor xeito posible”. Semifinal Copa Deputación ante o Rápido E mentres, sen tempo case para reaccionar, esta noite teñen outra cita trascendental, a semifinal da Copa Deputación ante o Rápido de Bouzas no Baltasar Pujales. Será tan só 48 horas despois do esforzo titánica que supuxo o partido en Badaxoz, e logo dun longo desprazamento. Montes lamenta que o Rápido non accedera a aprazar o encontro a mañá mércores, e avanza que fará rotacións para evitar lesións, e daralles minutos aos xogadores menos habituais. Con todo, lembrou que son futbolistas “con sobrada calidade” para facer fronte a esta eliminatoria. O gañador do encontro enfrontarase na final do torneo ao Alondras de Jacobo Montes, que superou na semifinal ao Vilalonga. O partido é hoxe ás 21.00 horas, con entrada de balde, polo que o Choco agarda que moitos redondeláns se despracen a Bouzas para arroupalos e poder facerse coa praza na final.

Marcos Montes adestrador do C.D. Choco
O obxectgivo é deixar a portería a cero para viaxar a Zaragoza con opcións.
Chamamento á afección
Montes confía en que o público redondelán encha Santa Mariña para arroupalos ante o Zaragoza B.
Arrastres do Mallorca
O descenso do Mallorca a Segunda B impide que o seu filial faga efectivo o ascenso acadado á mesma categoría. Isto podería provocar arrastres na fase de ascenso.
Rápido de Bouzas – C.D. Choco
O Choco xoga hoxe en Bouzas a semifinal da Copa Deputación.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará