Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Aberto o prazo para se inscribir no programa de conciliación de verán

RR_Noticias

O programa municipal de conciliación desenvolverase durante todo o mes de xullo en horario de 9:30 a 13:30 horas en dez parroquias e está orientado a nenos e nenas de idade comprendidas entre os 4 e os 14 anos que se inscriban previamente no rexistro do concello. A convocatoria conta cun total de 225 prazas e o prazo de inscrición estará aberto ata o 20  de xuño. Nesta edición modifícanse os criterios de concesión das prazas, tendo preferencia aqueles nenos cuxos proxenitores estean empregados e deixando de lado a orde de entrada no rexistro.  Máis información no Centro de Información ás Mulleres ou no teléfono 986 40 80 43.

Unha actividade organizada dende a Concellería de Muller e Igualdade que se vai desenvolver nas parroquias de Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, Redondela, Saxamonde, Ventosela, Reboreda e O Viso. O principal obxectivo desta actividade é promover a conciliación da vida familiar e laboral nas familias do noso concello durante estas vacacións de Verán, ao mesmo tempo que ofrecer a posibilidade de que as nenas e os nenos dispoñan dun espazo lúdico alternativo neste período de vacacións, motivo polo que se dará prioridade a aqueles familias cuxos proxenitores estean empregados. É esta unha novidade respecto de anos anteriores, cando o criterio de adxudicación viña marcado pola orde de entrada da ficha de inscrición no rexistro do Concello. O programa desenvolverase durante todo o mes de xullo nos centros culturais de Cabeiro (15 prazas), Cedeira (15 prazas), Cesantes (15 prazas), no centro cultural Chan das Pipas en Saxamonde (30 prazas), no centro cultural de Ventosela (15 prazas) e no de Santo Estevo de Negros (30 prazas). Este ano amplíase tamén a oferta ao Centro cultural da Teixeira no Viso, con 15 prazas e a Sociedade labrego Cultural de Reboreda, con outras 15 prazas. En Chapela ofértanse 15 prazas na Asociación cultural de Cidadelle e outras 15 no Multiusos do Piñeiral. No casco urbano de Redondela ofértanse 15 prazas no Multiusos da Xunqueira. En total 225 prazas que, tal e como explica a concelleira Teresa París “non son suficientes, tendo en conta que o ano pasado quedaron fóra uns 60 nenos” motivo polo que de cara a vindeiras convocatorias estudan a posibilidade tanto de ampliar o horario como o número de prazas. As persoas interesadas deberán presentar no Rexistro Xeral do Concello de Redondela e Chapela a ficha de solicitude de participación, que se pode descargar da páxina web do Concello ou recollela nas oficinas do Centro de Información ás Mulleres (CIM), antes do vindeiro 20 de xuño.  

Teresa París Concelleira de Muller e Igualdade
O programa inclúe este ano diferentes criterios de preferencia
Prazas insuficientes
As 225 ofertadas non chegan para atender a demanda existente

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará