Hoxe é Martes 23 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Difícil viaxe do Castro Chapela a Tolosa

RR_Noticias

Os de Fran Teixeira teñen esta fin de semana unha complicada fase de ascenso a División de Honra Prata. Á dificultade de medirse a rivais de gran nivel (Cajasur, Sant Quirze e Tolosa), hai que engadir a incomodidade do longo desprazamento a Euskadi e o elevado custe económico que supón para as arcas do club.

De feito, para aforrar unha noite de hotel, o equipo de Chapela sairá de viaxe mañá xoves ás 20.00 horas. Pasarán a noite no autobús, e chegarán a Tolosa o venres pola mañá, horas antes de disputar o seu primeiro encontro da fase. Manuel González Soto, presidente do club, lamenta “os graves problemas” aos que se enfronta o equipo redondelán polo feito de que a fase se xogue en Euskadi. O presidente defende a gran calidade deportiva do equipo de Fran Teixiera, pero non é “optimista” de cara a poder sacar adiante a fase de ascenso, xa que a todas as trabas deportivas e de desprazamento, engade as arbitrais. O Castro Chapela xa tentou regresar a División de Honra Prata na pasada campaña, sen éxito. Agora volven probar fortuna. Nesta ocasión os rivais son Handbol Sant Quirze, partido que disputa o venres ás 18.30 horas, o Cajasur Córdoba co que se mide o sábado ás 17.00, e o Tolosa Eskubaloia, que exerce de anfitrión, e co que pecha a fase o domingo ás 12.30.

Manuel González Soto presidente
O presidente lamenta as dificultades do equipo para participar na fase de ascenso.
Escaso optimismo
Soto non se amosa optimista antes as opcións do equipo de facerse cunha praza na División de Honra Prata.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará