Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A singularidade da festa da Coca faina merecedora de ser declarada Patrimonio Cultural Inmaterial

RR_Noticias

Así o entende o historiador José Martínez Crespo quen fala deses elementos singulares como os Xigantes e Cabezudos, a Coca, a danza das espadas e, sobre todo, elementos como as Burras e as Penlas, cuxo orixe hai que buscalo xa no século XVI, e que fan da Festa do Corpus de Redondela unha celebración única. Atendendo a esas razóns habería motivos máis que suficientes para declarar esta celebración Patrimonio Cultural Inmaterial, un recoñecemento que concede a Unesco a aquelas tradicións herdadas do pasado e cuxa relevancia merece de protección especial. O Concello ven de inaugurar unha exposición en torno a Festa da Coca con textos de José Martínez Crespo na que se fai un percorrido pola tradicional festa que aúna elementos relixiosos e pagáns.

A festa da Coca, explica Martínez Crespo, é unha celebración que nace tardiamente e que busca acubillar todos eses elementos pagáns que procedían de festas anteriores que organizaban os gremios. Elementos todos eles  singulares pero cun especialmente destacable: a figura das penlas, por seren as únicas que perviven dende o século XVI “unha figura que só se mantén en Redondela, feito este que xustifica a proposta de que se recoñeza este e o resto dos elementos que conforman a Festa da Coca como patrimonio cultural inmaterial”. Explica Martínez Crespo, autor de diferentes publicacións en torno a esta festa, que “o feito de que nós esteamos moi acostumados a ver estes elementos fainos esquecer que estamos a falar dunha festa única” polas súas características. Neste sentido, apunta tamén a necesidade de traballar apra conseguir a declaración da Unesco e tamén por espallar o coñecemento da nosa festa “a danza das espadas e as penlas son practicamente descoñecidos canso se trata de elementos que naceron no século XVI como unha festa pagá e da cidadanía da que participaban todos os veciños e que non contaba co apoio da Igrexa”. Para afondar máis nesta tradición secular Crespo convida aos veciños a achegarse a esta exposición, do mesmo xeito que o alcalde quen explica que a mostra, que se ppoderá ver ata o 1 de decembro no Multiúsos pretende trasladar aos veciños coñecementos da nosa tradición a través das imaxes e dos textos con referencias tamén a Xan Carallás, figura que formaba parte do imaxinario colectivo redondelán moito antes de que o debuxara Castelao en 1932 e cuxa orixe podería tamén ter que ver co propio Corpus “xa que podería tratarse da antiga figura de Xoán de Arzúa que saía nos séculos XVI e XVII”.  

José Martínez Crespo historiador
Elementos singulares
As penlas datan do século XVI
Uns elementos únicos da nosa tradición
Patrimonio Cultural Inmaterial
Unha declaración que merecen as Festas da Coca
Javier Bas alcalde
Convida aos veciños a visitar a exposición

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará