Hoxe é Sábado 27 de Xullo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela contará cunha lanzadeira de emprego para mellorar as oportunidades laborais dos mozos

RR_Noticias

O programa promovido pola consellería de Economía, Emprego e Industria xunto coa Fundación Telefónica e a Fundación Santa María La Real comezará a partir do mes de xuño en Marín, Redondela, Arteixo, Lugo e Santiago para favorecer a inserción laboral de 125 mozos e mozas. A actuación, que se realizará conxuntamente coas dúas fundacións, está dirixida a 125 persoas desempregadas: para homes entre 18 anos e menores de 30 e mulleres entre 18 e menores de 35. A media de inserción laboral deste programa, aplicado xa noutras comunidades autónomas, é dun 60%

O conselleiro de Economía, Emprego e Industria, Francisco Conde, salientou na presentación do programa que as Lanzadeiras de Emprego, que se porán en marcha en Galicia a partir de xuño, impulsarán o emprego xuvenil multiplicando as oportunidades dos mozos e mozas galegos para atopar un traballo nas localidades de Marín, Redondela, Arteixo, Lugo e Santiago.
Cada Lanzadeira estará formada por un máximo de 25 persoas sen emprego que, coordinado por un técnico, poderán reforzar as súas competencias e descubrir todas as habilidades coas que contan para obter un traballo ou desenvolver o seu propio proxecto empresarial.
O programa, que terá unha duración de 5 meses, busca mellorar a empregabilidade destes mozos e mozas e que sexan proactivos na busca dun posto de traballo. Ofrecerase neste período de tempo técnicas de coaching e para desenvolver a intelixencia emocional, estratexias de busca de emprego activas, creación de redes e contactos profesionais, ao tempo que se fomentará a cultura emprendedora. Tamén se impartirán novas técnicas de elaboración e presentación de currículos e cómo afrontar as entrevistas de traballo a través de diversas dinámicas.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará