Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

250 nadadores participan o sábado no II Trofeo Marisma Concello de Redondela

RR_Noticias

A cita deportiva desenvolverase na piscina na xornada do sábado día 14 e contará coa presenza de trece clubs que disputarán 38 probas en diferentes estilos e categorías. Organizado polo Club Náutico de Redondela en colaboración coa concellería de deportes, anímase aos veciños a achegarse ás instalación da piscina para ver a competición.

O vindeiro sábado en horario de mañá a partir das 10:30 e pola tarde dende as 17:00 ata as 20:00 horas, un total de 250 nenos e nenas procedentes dos Club de Natación de Sanxenxo, Rías Baixas, Mos, Codesal, Miraflores Ourense, Vigo, Ourense, Riveira, Boiro, Ponteareas, Vilagarcía, Galaico e Redondela participan no II Trofeo Marisma Concello de Redondela. Trece equipos procedentes de diferentes puntos de toda Galicia entre os que atoparemos tamén 22 nadadores de Redondela que disputarán 38 probas en diferentes estilos e categorías. O presidente do club náutico de Redondela, José González Balo, apunta que os equipos que chegan con máis forza a este campionato son Ribeira, Vigo e o Club de Natación Galaico. O elevado nivel dos participantes complica as aspiracións de facerse con medallas para o equipo local que, con todo, confía en facerse con catro medallas. Dende o Concello, o responsable de deportes, Julio Mougán amosa a súa satisfacción porque este trofeo celebre a súa segunda edición, tendo en conta que se trata dunha modalidade deportiva que necesita de maior apoio polas súas dificultades á hora de adestrar, un apoio que compromete dende o seu departamento. Actualmente o Club Náutico Redondela conta con 48 nadadores e o seu presidente augúralle un prometedor futuro “temos unha canteira que promete polo que nos espera un futuro con moitas satisfaccións” conclúe González.  

José González Balo Club Náutico
Unha proba na que participarán 250 nadadores
Aspiracións e contrincantes
O equipo local aspira a 4 medallas
Canteira asegurada
Os máis pequenos chegan pisando forte
Julio Mougán concelleiro de Deportes
Apoiar esta modalidade deportiva
Anima aos veciños a achegarse
A cita desenvolverase durante toda a xornada do sábado

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará