Hoxe é Sábado 7 de Decembro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os títeres tamén celebran o Día da letras galegas

RR_Noticias

Redondela será na vindeira semana a capital dos monicreques coa celebración da XVII edición do Festival Internacional de Títeres Memorial Juando Amoedo. Unha cita que arrancará na noite do luns cun concerto a cargo de Tatán e que se prolongará ata o domingo 22. Sete días de intensa actividade coa presenza de 27 compañías que ofrecerán un total de 82 representacións.  Os franceses Le Pendue Cie ou os portugueses de Lafontana son algúns dos espectáculos a non perder nesta edición na que se reivindicará a liberdade de expresión cun apoio expreso a compañía Títeres desde abajo.

O titiriteiro, actor e músico Eduardo Rodríguez Cunha Tatán será o encargado de dar o pistoletazo de saída o luns 16 cun concerto na casa da Torre ás 23:00 horas no que presentará o seu primeiro traballo “Chapeu”. Xa a partir do martes os monicreques invadirán as rúas e prazas da vila aproveitando o festivo das letras galegas con actividades e espectáculos a partir das doce do mediodía e a programación de sala que arrancará tamén nesa xornada no Multiúsos as 17:00 horas con Luppo de Baobab teatro e a actuación de Cinema Sticado coa obra “Mirlo & Rula” ás 21:00 horas. Unha intensa programación que encherá de monicreques, de festa e de música as rúas e prazas da vila coas actividades programadas no XVII Festival Internacional de Títeres de Redondela (Memorial Juanjo Amoedo) no que se inclúen un total de 27 compañías procedentes de Holanda, República Checa, Francia, Dinamarca e Portugal, ás que hai que engadir compañías de Cataluña, Aragón, Cantabria e Canarias. E como non, tamén grupos galegos que amosarán o bo facer dos titiriteiros da terra. Será na fin de semana dos días 21 e 22 cando o festival viva as súas xornadas máis intensas con espectáculos paralelos practicamente de xeito ininterrompido e tamén propostas participativas como o percorrido “A fonte do Mouro, Bebedoiro das bestas” que terá lugar o último día do festival e ao que están chamados grandes e pequenos. Unha programación de rúa completamente de balde mentres que os espectáculos de sala teñen un prezo de 6 euros público adulto, 4 euros os nenos.  

Luis Crespo Festival de Títeres
27 compañías e 82 representacións
Espectáculos destacados
O director do festival recomenda alunhas das propostas deste ano
Concerto de Tatán
O titiriteiro redondelán será o encargado de dar o pistoletazo de saída
A Fonte do Mouro
Un punto de partida para unha das actividades máis divertidas do festival
Aspecto reivindicativo
Apoiar aos títeres encarcerados por unha representación teatral

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará