Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O 112 aconsella aos veciños de Redondela non saír das súas vivendas polo fume de Fandicosta

RR_Noticias

O goberno local, a través da Concellería de Seguridade aconsella aos veciños de Redondela non saír das súas vivendas e manter as fiestras pechadas como medida de precaución ante o fume procedente do incedio que a media tarde de hoxe desatouse en Fandicosta, no litoral de Vilaboa. Recoméndase ademais que se as portas e fiestras non están debidamente ailladas se utilicen panos húmedos para evitar posibles filtracións de fumes.

O fume, procedente dun incendio que continúa a estas horas malia os intentos dos bombeiros por sufocar as lapas, está a provocar un fume moi intenso e, segundo advertendia do 112 ao goberno local, hai un risco de que se xenere unha nube tóxica. Ante esta eventual complicación e como medida de precaución, o edil de seguridade, Arturo González, recomenda aos veciños que eviten no posible sair das súas casas.
A zona máis afectada a estas horas é Outeiro das Penas, O Viso e Cesantes. Con todo, as medicións efectuadas ata o de agora descartan ningún risco polo que se trataría dunha medida preventiva ante a intensa fumareda que obrigou a manter a ponte de Rande pechada durante máis dunha hora e que está a afectar a toda a comarca.
O 112 está a coordinar todo o operativo no que tamén están a traballar efectivos do Grumir, Protección Civil, Policía Local, Nacional e efectivos da policía autonómica.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará