Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O goberno local reduce a débeda municipal a menos da metade en cinco anos

RR_Noticias

O goberno que preside Javier Bas levará este mes a pleno a liquidación do exercicio do 2015 cunhas contas que pechan en positivo “cumprindo coa regra de gasto, coa estabilidade orzamentaria e con remanente de tesouraría para gastos xerais positivo”. Uns resultados que os populares cualifican de “excelentes” nun ano de eleccións e cun orzamento prorrogado. Engaden dende o PP que dende a súa chegada á alcaldía de Redondela lograron reducir a débeda do concello a menos da metade pasando “dos 10 millóns que deixou o PSOE a 4 millóns a finais de 2015”.

Uns resultados que responden segundo afirman á “importante xestión realizada estes anos por Javier Bas, que gobernando en minoría e cun orzamento prorrogado en 2015,  logrou xestionar eficientemente os anos máis difíciles”.
Lembran ademais que a oposición obrigounos a traballar cun orzamento prorrogado porque “consideraba que non se ían a cumprir cos ingresos orzados  e agora demóstrase que non soamente se cumpriron,  senón que se executou o orzamento de ingresos incluso baixando o IBI”. Unha redución nesta taxa que permitindo aos cidadáns pagar menos polo recibo da contribución “mentres noutros concellos limítrofes están a subir tanto esa como a maioría das taxas”.
Engade o alcalde e responsable de facenda que “non se solicitou ningún préstamo” en ano electoral “pagamos as nosas facturas e  non deixamos déficit algún”. Uns datos positivos para o erario público que segundo explica son produto do “traballo realizado por todas as concellarías  que con moito menos orzamento que durante o goberno do  PSOE, 4 millóns de euros menos que hai 4 anos e cunha débeda herdada de 10 millóns, conseguiron non só manter os mesmos servizos senón amplialos e melloralos, sen  deixar ningunha factura no caixón”. Neste sentido apunta que “se eliminaron os gastos en viaxes, dietas e comidas do anterior goberno, reducindo os salarios da actual corporación, eliminando seguros e parking gratuíto que tiñan antes e tamén controlando os consumos de gasoil, a electricidade, e reducido os custos en moitos dos servizos contratados polo concello”.
“Javier Bas conseguiu non só pagar as facturas que deixaron os anteriores no caixón,  senón eliminar gastos, reducir a débeda, liquidar e presentar as contas en prazo por quinto ano consecutivo e todo iso en azul” conclúen os populares.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará