Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A SAR leva o derbi do balonmán feminino

RR_Noticias

A SAR Rodavigo despediu a liga da División de Honra Prata Feminina cunha vitoria no derbi ante do Rodosa Chapela. As de Lupo fixeron unha mala primeira parte que souberon aproveitar as redondelás. Na Primeira Nacional Masculina o Castro Chapela impúxose ao Bueu, e a SAR perdeu por un gol ante o Xiria, malia que os de Carlos Rey estiveron a piques de dar a sorpresa.

División de Honra Prata
Rodosa Chapela 21-28 SAR Rodavigo
O derbi do sábado disputado no pavillón municipal de Chapela levouno o Rodavigo SAR na última xornada da liga. O partido resolveuno ben o conxunto de Redondela, tras unha mala primeira parte do Rodosa Chapela. Moi meritoria a temporada das redondelás, que na súa primeira campaña lograban a permanencia varias semanas antes do remate da liga. As de Chapela, aínda que con máis apuros ata a recta final do campionato, tamén chegaban ao derbi coa categoría salvada.
Primeira Nacional Masculina

Bueu 23- 32 Castro Chapela
Os de Fran Teixeira non deron opcións aos do Morrazo, e desde o primeiro momento o Construcións Castro Chapela se puxo por diante. Os redondeláns, coa fase de ascenso en xogo, sempre manexaron vantaxes cómodas. A próxima xornada volven xogar fóra, ante o Pontevedra, afundido na parte baixa da táboa.
Calvo Xiria 26 -SAR Plastic Omnium
A SAR Plastic Omnium estivo a piques de dar a badalada na pista do líder. Os de Carlos Rey fixeron un gran partido, e chegaron ao descanso gañando por 10-16. Pero na segunda parte o Calvo Xiria deulle a volta e gañou a tempo parado de penalti. A SAR, no ecuador da táboa, recibe a próxima semana ao Luceros, un posto por riba dos redondeláns.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará