Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O C.R. Chapela reina na Guarda

RR_Noticias

O club redondelán pechou na Guarda unha espectacular temporada na Territorial Sur de Bateis. O C.R. Chapela fixo gala dunha gran regularidade tanto nas embarcacións femininas como masculinas, e alzouse coa XVII Bandeira Concello da Guarda-Memorial Antonino Torrón de bateis.

Na proba, celebrada onte no porto guardés, Chapela sumou un total de 31 puntos, seguidos por Tirán, con 27, e por Samertolaméu e Mecos, con 25. Na regata organizada polo C.R. Robaleira, os equipos de Chapela sumaron en cinco das sete categorías cun primeiro posto, tres segundos e un quinto. As vitorias nas sete categorías estiveron moi repartidas. Samertolaméu foi primeiro en Cadete e Xuvenil; Mecos en Absoluta feminino e Infantil masculino; Vilaxoán en Promesa feminino; Chapela en Xuvenil feminino e Meira en Absoluto masculino.
Resultados: Promesa (f): 1. Vilaxoán, 4.44:19; 2. Chapela, 4.48:33; 3. Samertolaméu, 4.52:47; 4. Tirán, 5.00:09; 5. Vila Cangas, 5.00:91. Xuvenil (f): 1. Chapela, 10.11:12; 2. Vila Cangas, 10.12:57; 3. Tirán, 10.36:89. Absoluto (f): 1. Mecos, 9.43:31; 2. Chapela, 9.46:01; 3. Tirán, 10.09:98; 4. Coruxo, 10.11:95; 5. Bueu, 11.16:20. Infantil: 1. Mecos, 4.36:64; 2. Robaleira, 4.47:61; 3. Bueu, 4.51:85; 4. Vilaxoán, 4.53:95; 5. Chapela, 5.07:70. Cadete: 1. Samertolaméu, 6.58:86; 2. Virxe Guía, 7.00:73; 3. Vilaxoán, 7.03:46; 4. Tirán, 7.09:22; 5. Cesantes, 7.10:66. Xuvenil: 1. Samertolaméu, 9.04:45; 2 Chapela, 9.05:93; 3. Mecos, 9.09:18; 4. Tirán, 9.09:86; 5. Vilaxoán, 9.28:63. Absoluto: 1. Meira, 8.36:47; 2. Moaña, 8.39:44; 3. Tirán, 8.49:51; 4.Samertolaméu, 8.50:97; 5. Mecos, 8.53:73.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará