Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

López Veiga comprométese a nivelar a zona de atraque no peirao de Chapela

RR_Noticias

A Autoridade Portuaria iniciará os traballos nos vindeiros días, segundo llo trasladou onte o novo presidente do organismo Enrique López Veiga ao alcalde de Redondela, Javier Bas. Esta actuación, xa comprometida polo seu predecesor ao fronte da Autoridade Portuaria, responde a unha demanda dos bateeiros da zona e consistirá no nivelado da rampla, cun recheo, e a colocación das pedras que se atopan caídas ou soltas.

Dende o goberno local explican que as obras se iniciarán en próxima datas e consistirá na eliminación do desnivel na zona de atraque. O obxecto da actuación é dar resposta ás demandas dos bateeiros e facilitar así o seu traballo, xa que “a situación actual dificulta o descargue do produto”.
O proxecto contempla o nivelado da costa cun recheo e a colocación das pedras que se atopan caídas ou soltas no peirao.
O Concello de Redondela e a Autoridade Portuaria tamén traballarán para a recuperación da zona interior do peirao de atraque, co obxectivo de manter a auga no seu interior aínda que baixe a marea e crear unha piscina natural que poida ser empregada polos bañistas e visitantes como un novo atractivo turístico da parroquia.
López Veiga visitaba o noso concello acompañado da Directora da Autoridade Portuaria, Beatriz Colunga.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará