Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

A Semana Santa tira do emprego, pero non en Redondela

RR_Noticias

Na nosa bisbarra o mes de marzo constata un incremento do emprego en xeral, pero non así en Redondela, concello no que novamente os datos son negativos. No pasado mes foron 26 as persoas que se sumaron a unha lista na que xa hai inscritos 2454 desempregados. Un desemprego feminizado onde son 1.488 as mulleres paradas mentres o número de homes desempregados ascende a 966.

Un comportamento moi desigual o que se constata nos concellos da comarca cos últimos datos feitos públicos pola Consellería de Traballo. Mentres en Redondela o número de parados sobe, no resto dos concellos a tendencia é positiva, cun descenso xeneralizado. En Soutomaior foron 32 persoas as que atoparon traballo no mes de marzo, con 748 inscritos no antigo INEM. En Fornelos de Montes e Pazos de Borbén o descenso foi mínimo, nove parados menos en cada un dos concellos cun cómputo total de 400 desempregados no caso de pazos de 199 en Fornelos.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará