Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Concerto de Jamie Fifthring, The Soul Breakers e Ménage à Trois, finalistas do Millo Verde

RR_Noticias

O concurso de maquetas Millo Verde celebra este venres a súa final na que participan os tres grupos que resultaron preseleccionados polos membros da Asociación. Agora será o público que asista á festa-concerto deste venres no recinto da antiga feira do gando o que decida cal e o gañador desta edición. “Unha elección difícil” segundo confesan os organizadores desta cita musical quen salientan o elevado nivel dos 30 grupos que se presentaron e, sobre todo, dos tres finalistas.

O concerto do venres contará coa actuación dos grupos The Soul Breakers de Pontevedra, Ménage à Trois de Ourense e o solista ferrolán Jamie Fifthring. Estilos diversos que van dende o funk, soul, swing e Rythm&Blues dos pontevedreses pasando pola mestura de sons procedentes do folk, a rumba, a bossa e o rock que porpón Ménage à Trois e os temas máis do tipo folk ou blues americano que interpretará Jamie Fifthring, alter ego do cantautor Jaime Quintanilla. O gañador farase co dereito a actuar no X Festival Alternativo Millo Verde que se celebrará os días 9, 10 e 11 de xuño, aínda pendente de pechar a súa ubicación definitiva “aínda que esperamos que sexa en Chan das Pipas, logo do éxito do ano pasado, cando por vez primeira celebramos o festival fóra do centro de Redondela” O concerto deste venres contará tamén coa actuación do grupo local RMS. A entrada ten un prezo de 3 euros e inclúe consumición mínima, vaso e dereito a voto.  

Tito Acuña Sotelino Millo Verde
Tres grupos con estilos diversos
Quiño Acuña MIllo Verde
A asistencia aumenta ano tras ano

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará