Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Versións actuais e temas clásicos coa Orquestra de Saxos

RR_Noticias

A orquestra de saxos de Redondela organiza hoxe venres 11 ás 20:30 horas no multiusos da Xunqueira un concerto no que estará acompañada no escenarios por diferentes solistas que interpretarán temas actuación e versións de temas clásicos e música galega. Un concerto que lles sirve para presentar a xira que os vai levar a percorrer diferentes cidades europeas co gallo da recente publicación do seu último traballo “Camiña Don Saxo”.

“Orquestra de saxos and friends” é o título do concerto que conta coa colaboración de solistas instrumentais como o saxofonista Felipe Castro ou o trompetista e director José Pérez ou solistas vocais como Alfonso Branco “Garabillo”, Emma Díaz ou Andrea Rei e que terá lugar esta tarde ás 20:30 horas no Multiúsos. A formación redondelá quere agradecer as numerosas colaboracións que lles fixeron chegar numerosos comerciantes, empresarios e persoas anónimos de Redondela.  

Elisa Arias directora Orquestra Saxos
Un concerto cargado de amigos

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará