Hoxe é Xoves 28 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Redondela e Arealonga impóñense en campo contrario

RR_Noticias

Magníficos resultados para o fútbol sala local con vitoria para os dous equipos que xogaban fora da casa. O Redondela facíao no pavillón Óscar Pereiro e vencía por 0-4 ao Celado. O Arealonga tamén lograba facerse cos puntos en xogo na súa visita ao campo do Mondaríz, nun encontro que remataba co resultado de 3-7. Pola contra, o único equipo que xogaba como locatario, o Campito non foi quen de superar ao rival e caía por 3-5 ante o Cereixa.

Vitoria merecida e ademais necesaria a lograda esta fin de semana polo RedondelaFS, moi necesitado de puntos. Partido moi disputado por parte dos dous equipos, con máis posesión de balón para os de Juan Nogueira e máis ocasións de gol para os locais nos primeiros minutos do encontro. Iso non evitou que xa se chegara ao descanso con vantaxe por 0-2 para os de Redondela, quen na segunda parte do encontro foron superiores ao rival ata chegar ao definitivo 0-4. Recuperan folgos os de Redondela que na vindeira semana xogarán no pavillón novo da Marisma ante un rival directo, o Abetos.
Mellor lle van as cousas ao Arealonga, que lograba tamén facerse cos puntos en xogo na súa visita ao campo do Mondariz. 3-7 foi o resultado final que deixa aos de Chapela na 6ª praza da categoría. Na vindeira semana xogarán no pavillón de Chapela e recibirán ao décimo clasificado, o Verín.
Mal resultado para o Campito, que caeu ante o Cereixa por 3-5 nun encontro que se disputaba onte no pavillón de Redondela. Unha derrota que relega ao terceiro posto da categoría ao equipo de Chapela que na vindeira semana xogarán fóra da casa, farano no campo Municipal de As neves contra o Praza García Araujo.com.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará