Hoxe é Venres 26 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cabo de Cruz imponse en Chapela no Memorial Francisco Alonso “Paco Fenosa”

RR_Noticias

Repetiu a vitoria do ano pasado o club de Cabo de Cruz, proclamáronse vencedores do XI Memorial Paco Fenosa de Traiñeiras celebrado onte en augas de Arealonga. Na xornada do sábado foi o C.R. Chapela o que impuxo a súa autoridade na Bandeira Concello de Cangas de Bateis.

A regata contrarreloxo organizada polo C.R. Chapela contou coa participación de 23 barcos, que tomaron a saída a intervalos dun minuto. Unha festa do remo que chega a súa undécima edición en homenaxe ao que fora presidente do club, Francisco Alonso, coñecido como “Paco Fenosa”. No transcurso da competición houbo mostras de rivalidade, e alternancia nas primeiras posicións desde o comezo. Con Cabo de Cruz A e B pelexaron Tirán A e B, Poboa, Ares, Chapela, Coruxo, Samertolaméu e Mecos. Todos eles tiveron opcións nunha intensa proba, o que demostra o feito de que as dez primeiras embarcacións chegaran á liña de meta en 27 segundos. O vencedor foi o equipo B de Cabo, que sacou doce segundos ao seu inmediato seguidor, Cabo de Cruz A, que avantaxou ao terceiro, Tirán B, cunha escasa marxe de 41 centésimas. Poboa foi cuarto e Chapela tivo que conformarse coa sétima praza.
Clasificación: 1.Cabo Cruz-B, 20.00:23; 2.Cabo Cruz-A, 20.12:58; 3.Tirán-B, 20.12:99; 4.Puebla-A, 20.14:81; 5.Tirán-A, 20.15:86; 6.Ares, 20.17:99; 7.Chapela-A, 20.18:89; 8.Coruxo, 20.19:2; 9.Samertolaméu, 20.21:9; 10.Mecos-A, 20.27:09; 11.Amegrove, 20.40:34; 12.Bueu, 21.01:42; 13.Puebla-B, 21.07:74; 14.Vila de Cangas, 21.08:45; 15.Perillo, 21.12:5; 16.Virxe da Guía-Veteranos, 21.22:55; 17.Mecos-B, 21.24:08; 18.Chapela-B, 21.32:56; 19.Chapela-Veteranos, 21.52:24; 20.Tirán-Veteranos, 21.54:33; 21.Muros, 21.56:56; 22.Rianxo-Veteranos, 22.19:97; 23.Cabo da Cruz-Féminas, 22.59:33.
Bandeira Concello de Cangas de Bateis
O club de remo redondelán impúxose aos seus rivais e ao mal tempo na XVII Bandeira Concello de Cangas de Bateis, que o sábado se disputaba fronte aos peiraos do porto do Morrazo. Os de Chapela fixéronse coas dúas bandeiras, masculina e feminina, que se adxudicaban por puntuación. As mozas sumaron 21 puntos, seguidas de Tirán e Mecos, con 18 e 12 puntos respectivamente. E os mozos tamén foron os máis regulares con 21 puntos tamén, aínda que cun taboleiro máis apertados, xa que Samertolaméu foi segundo con 20 puntos e Mecos, terceiro, con 19. Nas tres probas femininas, vitoria na categoría de Promesas para Chapela de forma e contundente, o mesmo que en Xuvenís as mozas de Vila de Cangas conquistaron un triunfo rotundo con 12 segundos. Na categoría absoluta a vitoria foi para as mozas de Mecos, con Chapela, en segunda posición.
As probas masculinas os mozos de Mecos fixéronse co primeiro postos na categoría Infantil, por diante de Rianxo e Cabo Cruz. En cadetes vitoria contundente de Cabo de Cruz que deixou a Amegrove a nove segundos e logo Samertolaméu e Vilaxoán. Na proba da categoría Xuvenil o vencedor foi Chapela, seguido de Tirán, e na categoría absoluta regata moi disputada, con vitoria soberana de Samertolaméu, Chapela a dous segundos, e Robaleira terceiro a once segundos.
Resultados: Promesa feminino: 1.Chapela, 5.41:18; 2.Samertolaméu, 5.52:24; 3.Cabo Cruz, 5.53:98; 4.Preguntoiro, 5.55:93; 5.Tirán, 5.57:16.- Juvenil feminino: 1.Vila Cangas, 11.38:45; 2.N.Riveira, 11.50:19; 3.Tirán, 12.09:38; 4.Chapela, 12.13:06; 5.Vilaxoán, 12.38:97. Absoluto feminino: 1.Mecos, 11.09:99; 2.Chapela, 11.16:43; 3.Tirán, 11.41:47.Infantil masculino: 1.Mecos, 5.11:76; 2.- Rianxo, 5.14:82; 3.Cabo Cruz, 5.15:51; 4.Vilaxoán, 5.25:47.Cadete masculino: 1.Cabo Cruz, 7.51:22; 2.- Amegrove, 8.00:10; 3.Samertolaméu, 8.05:74; 4.Vilaxoán, 8.06:23; 5.- Tirán, 8.09:12. Juvenil masculino: 1. Chapela, 10.15:25; 2. Tirán, 10.22:50; 3.Mecos, 10.29:96; 4. Samertolaméu, 10.40:14; 5.N.Riveira, 10.40:90.Absoluto masculino: 1.Samertolaméu, 9.48:64; 2.Chapela, 9.50:68; 3.Robaleira, 9.59:51; 4.Mecos, 10.01:09.

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará