Hoxe é Mércores 8 de Maio de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O Concello de Redondela organiza cursos de productos fitosanitarios

RR_Noticias

A Sociedade labrego Cultural de Reboreda e o Centro Cultural de Cesantes acollerán en vindeiras datas cursos de aplicación/manipulación de produtos fitosanitarios. Unha actividade organizada dende o Concello e coa que se quere dar resposta á demanda existente. As persoas interesadas poden anotarse chamando ao 986400300 para facilitar os seus datos persoais. O curso ten unha duración de 25 horas e o custe é de 60 euros taxas incluídas.

O Concello de Redondela está a colaborar a través das Asociacións Culturais e veciñais na impartición de Cursos de aplicación/ manipulación de produtos Fitosanitarios. Esta demanda responde a normativa que obriga a contar cun carné de manipulador deste tipo de produtos para poder empregar sulfatos, insecticidas ou herbicidas.
Na parroquia de Reboreda impartirase na Sociedade Labrego Cultural en horario de mañá e en Cesantes no Centro Cultural en horario de tarde. A Consellería de Medio Ambiente anuncia que organizará os cursos que sexan necesarios para satisfacer a gran demanda existente xa que se achegan as datas nas que a xente necesita dar o sulfato e teñen que ter o carné que se obtén con este curso para que lles vendan os produtos fitosanitarios.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará