Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

O PSOE critica o traslado dos servizos sociais ao Multiúsos e propón como alternativa a Casa do mar

RR_Noticias

O custe de traslado das oficinas de Servizos Sociais será de 50.000€, “cantidade que supera  moitas das partidas desta mesma concellería”. Con todo, o principal problema deste traslado derívase da falta de privacidade que suporía para os usuarios de servizos sociais ter que achegarse a unhas oficinas instaladas nun espazo como o Multiusos “destinado ao ocio e o estudo”. Os socialistas reclaman que se busque un local alternativo para este servizo e propoñen o antigo edificio da Casa do Mar na Marisma.

O Goberno local destina no orzamentos deste ano 50.000€ para o cambio das oficinas de Servizos Sociais ao Multiusos da Xunqueira. Unha nova ubicación que ao entender dos socialistas non é axeitado debido a que non garante a privacidade dos usuarios e usuarias ademais de que segue sen ser suficiente para todos os expedientes que adoitan gardar.
A edil socialista Digna Rivas declara “o Multiusos da Xunqueira é un sitio destinado a ocio e estudo onde a estrutura e finalidade do edificio non está preparado para garantir a privacidade das personas que acudan aos Servizos Sociais. Carece ademais dun lugar de espera axeitado” Engade que o lugar seguiría sen contar con capacidade suficiente para a totalidade do que agora abrangue o servizo e, a maiores, suporía a separación da Concellería de Igualdade dos Servizos Sociais “cando estas dúas áreas adoitan traballar xuntas en moitos casos”.
Por todo isto, entenden os socialistas que o mellor sitio é a parte baleira do antigo edificio da Casa do mar na Marisma xa que cumpre as características que require dita concellería. Por este motivo, instan ao PP “a xestionar o uso dese edificio e non gastar tantos cartos para facer unha situación provisional e inadecuada dun servizo tan importante como é servizos sociais onde o trato que debe de recibir o veciño ou veciña que acuda a él, debe de garantir a máxima privacidade e sensibilidade”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará