Hoxe é Venres 19 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Cine, literatura, deporte e actos institucionais para conmemorar o mes da Muller

RR_Noticias

Arranca a programación que anualmente organiza a Concellería da Muller e Igualdade en torno ao día 8 de marzo e faino cun programa que se vai prolongar durante todo o mes e no que se inclúen actividades novidosas como unha xornada centrada no deporte que busca potenciar a práctica deportiva feminina no concello. A mesa redonda “A muller na literatura romántica” servirá para analizar a evolución das personaxes femininas na literatura da man de diferentes escritoras galegas. Completan esta programación as sesións de video fórum, cahrlas sobre saúde, os actos institucionais no propio día da muller o vindeiro martes e unha exposición que se pode visitar xa no Multiusos de Redondela.

O programa organizado co gallo do Día Internacional da Muller vivirá o seu acto central o vindeiro martes día 8 co tradicional acto institucional que terá lugar ás 12:00 horas diante do concello. A lectura dun manifesto a cargo de diferentes mulleres e a colocación de dous cubos “denuncia” servirá para dar contido a unha data que conmemora a loita da muller pola súa participación en igualdade co home na sociedade e todos os niveis. Nesta edición a Concelleira da muller, Teresa París quixo implicar a diferentes departamentos municipais. Así a Biblioteca será a encargada da organización dunha mesa redonda na que se falará da muller na literatura romántica. Para esta actividade, que se celebrará na casa da cultura o venres 11 ás 20:00 horas contarase coa presenza de escritoras e mulleres galegas vencelladas á literatura como Silvia Barbeito, Trinidad Palacios, Teresa Cameselle e Lydia Leyte. Especialmente implicada nesta edición estará a concellería de deportes, encargada de organizar, en colaboración coas clubs de Futbol sala, balonmáns, baloncesto e baile unha xornada de deporte que busca “vincular o día da muller coa vida e práctica deportiva feminina”. Unha master class que se desenvolverá dende as 17:00 ás 20:00 horas o domingo día 13 no novo pavillón de A Marisma e na que poderán participar mulleres de todas as idades. Mougán aproveitou para lembrar que a día de hoxe “os dous equipos que militan na máis alta das categorías son precisamente equipos femininos, en referencia aos clubs Sar Rodavigo e Rodosa Chapela, ambos os dous na División de Honra Prata Feminina. Completan o programa deste ano a proxección de tres películas  “Poesía” o sábado 5 de marzo no local da asociación Agarimo de Chapela, “Te con Musolini o 17 de marzo na asociación Cidadelle e “Begin again” película que se poderá ver o 26 deste mes na asociación de veciños de Cesantes. En todos os casos a proxección será ás 16:30 e a continuación terá lugar unha pequeña charla debate. Teresa París salientaba tamén as charlas sobre saúde e coidados que se impartirá os días 9, 12 e 18 nas que profesionais médicos abordarán cuestión relacionadas coa saúde da muller, os métodos anticonceptivos e os cambios que as mulleres experimentan dende a súa entrada na idade fértil ata a menopausa. Ademais durante todo o mes poderase visitar, ata o día 17 no Multiúsos da Xunqueira e ata finais de mes en Chapela unha exposición na que se fai un percorrido por diferentes asociacións de mulleres que funcionan ou funcionaron en Redondela e se salienta tamén o traballo dalgunhas redondelás que destacaron en diferentes campos.  

Teresa París concelleira de Muller e Igualdade
Actividades que vivirán o seu acto central o día 8
A muller na literatura romántica
Unha mesa redonda organizada dende a Biblioteca
Video-forum
Proxectaranse tres películas con protagonismo feminino
Charlas sobre saúde
Profesionais médicos impartirán esta actividade
Julio Mougán concelleiro de Deportes
Unha xornada de deporte no novo pavillón o domingo 13
Tradición deportiva
Os equipos que militan en categorías máis altas son de mulleres

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará