Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Unha charla e unha mostra fotográfica reflexionan sobre a colaboración entre Galicia e Cabo Verde

RR_Noticias

A responsable da biblioteca de Chapela, Mª José Villar será a encargada de conducir este venres unha charla coloquio na que falará da súa experiencia dentro do programa Vacacións con traballo que a levou todo o pasado mes de outubro a colaborar coa biblioteca municipal de Santa Cruz, no país africano. Será o venres ás 20:30 horas no Multiúsos do Piñeiral, un espazo que a partir desta tarde achega tamén aos seus usuarios unha exposición fotográfica de Rober Amado baixo o título “Galicia- Cabo Verde, unha irmandade”.

A mostra fotográfica, que se poderá visitar ata o 31 de marzo, recolle as imaxes de Rober Amado, gañador do concurso convocado polo Fondo Galego de Cooperación e que o levou a percorrer 6 das 10 illas que compoñen  o arquipélago de Cabo Verde, visitando os principais proxectos apoiados polo Fondo Galego, nos 11 anos de cooperación deste coa Asociación Nacional de Municipios de Cabo Verde. Como resultado deste percorrido achéganos unha serie de fotografías nas que mestura escenas e momentos da vida diaria dos seus habitantes que nos facilitará coñecer a realidade do país africano. Mañá venres ás 20:30 h. tamén en Chapela terá lugar a charla-coloquio: “Illas e libros. Experiencias de cooperación en Cabo Verde”, unha actividade organizada pola Asociación de Amigos das Bibliotecas Municipais que contará coa intervención da responsable da biblioteca desta parroquia, Mª José Villar. Esta traballadora municipal estivo todo o mes de outubro en Cabo Verde, colaborando na biblioteca de Santa Cruz. As súas impresións e o traballo que desenvolveu poden verse no blog “Vacacións con Traballo”, do Fondo Galego e poderemos escoitalas tamén este venres no Multiúsos de Chapela. O parladoiro convida a todos os participantes a falar e intercambiar impresións a través da lectura dun texto. Desta vez, a proposta lectora provén do escritor actual máis internacional de Cabo Verde: Germano Almeida, a través de dous capítulos de novelas súas moi coñecidas: “As memórias de um Espírito” e “Historias de dentro de casa”.    

Mª José Villar biblioteca de Chapela
Conducirá a charla coloquio Illas e libros experiencias de cooperación en Cabo Verde
Exposición fotográfica
Rober Amado é o autor das imaxes que se poderán ver ata finais de mes

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará