Hoxe é Venres 29 de Marzo de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Rouban as plantas que adornaban o xardín diante da Escola de Música de Chapela

RR_Noticias

O Concello pide a colaboración veciñal para identificar aos responsables do roubo e lembra que estes actos vandálicos afectan a todos os veciños. A dirección do obradoiro “Redondela Emprega Xove” cuxo alumnado fora o encargado de plantar esta ornamentación, xa denunciou os feitos ante a Policía Nacional. Hai algo máis dun mes uns vándalos leváronse do paseo do Maceiras un total de 15 árbores froiteiras que acababan de ser plantadas no lugar.

Naquela ocasión os ladróns leváranse 15 maceiras autóctonas que tan só dez días antes foran plantadas polos alumnos do obradoiro de emprego “Redondela ecosostible”. Agora a actuación correra a cargo do alumnado doutro obradoiro, o do módulo de xardinería que se está impartir dentro do “Redondela Emprega Xove”.
A sustración foi descuberta a primeira hora da mañá de onte cando o alumando ía iniciar a xornada. “Esta noite roubaron a metade das plantas que o alumnado de Xardinería do Obradoiro Emprega Xove plantou diante da Escola de Música de Chapela. Estamos cansos de sufrir este tipo de actos. Pedimos a colaboración cidadá para descubrir ás persoas responsables”. Con esta mensaxe publicada nas redes sociais os responsables do obradoiro facían pública a súa indignación ante o acontecido.
Os vándalos leváronse un total de quince plantas, que esperan poder repoñer antes de que a cabe o curso formativo, o vindeiro 29 de marzo.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará