Hoxe é Sábado 20 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Marcos Abalde gaña o premio de poesía “Manuel Lueiro Rey” coa obra “Exhumación”

RR_Noticias

O xurado do premio “Manuel Lueiro Rey” de poesía decidiu por unanimidade dar como gañador ao dramaturgo vigués Marcos Abalde Covelo pola súa obra “Exhumación”. Este premio está convocado polo Concello de Fornelos e a Asociación Cultural O Cruceiro da Laxe en lembranza do escritor fornelense (1916-1990).

A organización do premio informou da concesión do galardón “ao poemario presentado baixo ou título Exhumación e lema Cerval, de autoría de Marcos Abalde Covelo, texto que se impuxo aos outros corenta e catro traballos presentados”.
Desde o xurado encabezado por Carmen Carreiro, presidenta da Asociación O Cruceiro da Laxe, resáltase “o alto nivel de participación e diversidade dos textos enviados a concurso”. O certame -este ano alcanzou a cuarta convocatoria- consolida a súa traxectoria coa colaboración do Concello de Fornelos, lugar natal do escritor que lle dá nome, e da editorial Xerais, que se incorpora este ano como responsable da publicación do volume gañador.
Da obra de Marcos Abalde, o xurado destacou “o texto cheo de resonancias e lecturas que soubo procesar para ofrecer unha aproximación ben persoal a temas e motivos entre os que a memoria dos desfavorecidos, represaliados e desherdados resulta decisiva”. Engaden que o poemario ten “unha arquitectura moi sólida e tramada”, e que a “dicción culta” da obra “convence polo seu poder evocador e a fulguración dás imaxes labradas con gran mestría”.
Abalde (Vigo, 1982) é un autor xa recoñecido cos premios a textos teatrais “Álvaro Cunqueiro” (2011), Marqués de Bradomín (2012) e MOME Varela Buxán (2015), e o de poemas Fiz Vergara Vilariño (2014).
O xurado do Manuel Lueiro Rey quixo recomendar tamén a publicación dun segundo orixinal, titulado “Entullo”, “pois entende que a calidade deste poemario ben merece que vexa lume”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará