Hoxe é Xoves 18 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Os empresarios poñen en marcha catro comisións para mellorar o comercio, a hostalaría e o turismo

RR_Noticias

A Asociación de empresarios está xa a pleno rendemento tan só 15 días despois de que botara a andar a súa nova xunta directiva baixo a presidencia do empresario da comunicación Enrique Lago Granada. Lograr unha maior unidade no sector e incrementar o número de afiliados, potenciar citas clásicas como a festa do choco, o entroido do verán ou a ruta do pincho, e potenciar o comercio e a hostalaría en Chapela son os obxectivos principais nos que están xa a traballar. Dan por perdido “o tren dos polígonos industriais” pero non renuncian a traballar co concello para reordenar as zonas industriais xa existentes.

A nova directiva da asociación de empresarios ten xa marcada a folla de ruta coa que van traballar nos vindeiros anos. O primeiro paso foi crear catro comisións de traballo nas que abordar os asuntos máis importantes nos que teñen competencia e que buscan “conseguir a unidade do sector, atraer a un maior número de afiliados e actuar de xeito conxunto para que todos saiamos favorecidos das medidas que poña en marcha a Asociación”. Neste sentido hai en marcha xa unha comisión doo comercio para consolidar o centro comercial aberto que xa funciona no casco urbano de Redondela e relanzar o sector hostaleiro con iniciativas que sirvan tamén para promocionar o turismo “queremos traballar en conxunto co Concello para promover citas xa clásicas como a festa do choco, o entroido do verán ou a ruta do pincho pero tamén poñer sobre a mesa novas iniciativas que resulten atractivas”. En canto ao sector industrial Lago Granada é consciente de que Redondela perdeu a oportunidade de crear un polígono industrial e estima que a materia pendente pasa agora por reordenar as áreas industriais existentes “a través do Plan Xeral”. Tamén está xa en marcha unha comisión propia en Chapela “queremos exportar o modelo de Centro Comercial Aberto a una parroquia que presenta un número elevado de comercios e locais de hostalaría pero tamén establecer relacións co casco urbano de Redondela ou con outros concello que permitan potenciar este sector en Chapela, o primordial é darlle unha maior proxección”.  

Enrique Lago Granada presidente empresarios
Unha Asociación aberta a todos e que busca unir
Comisións de traballo
Hai en marcha catro comisións
Polígono industrial
Dar legalidade urbanística ás zonas que teñen empresas xa asentadas
Potenciar a parroquia de Chapela
Atender ás demandas dun sector en auxe comercial e hostaleiro

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará