Hoxe é Xoves 25 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Servizos Sociais adianta o pago das axudas ás ANPAS para financiar o comedor escolar

RR_Noticias

A Concellaría de Servizos Sociais de Redondela pagará por primeira vez de maneira anticipada o primeiro trimestre de axudas ás Anpas para financiar os servizos de comedor escolar, co obxectivo de que poidan contar con recursos suficientes para garantir os pagos aos servizos de catering.

Ademais, segundo explicou a edil de Servizos Sociais, Carmen Amoedo, no orzamento aprobado para este ano a partida para comedor escolar incrementouse un 36 por cento.
Explica Amoedo que “o pago anticipado do 70% do primeiro trimestre que foi ingresado directamente as ANPAS, permitirá que as asociación conten con recursos suficientes para os pagos aos servizos de catering” cando en anos anteriores as Anpas tiñan que esperar o remate do curso para poder cobrar o total da subvención de axudas de comedor dadas dende Servicios Sociais.
Tras estas decisións, Amoedo asegura que o goberno local demostra o seu “claro compromiso coa conciliación e con axudar ás familias con menos recursos”.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará