Hoxe é Sábado 27 de Abril de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

B.M. Castro Chapela lidera a clasificación e a SAR Plastic Omnium sobre á metade da táboa

RR_Noticias

Espléndidos resultados para o balonmán local. O Chapela goleou ao Cañiza e a SAR impúxose ao Porriño. Os de Fran Teixeira son os novos líderes, logo do tropezo do Xiria, e os pupilos de CArlos Rey soben ata a oitava praza.

Primeira Nacional Masculina
Construcións Castro Chapela 32-18 Cañiza
Espléndido partido dos de Chapela, que conseguiron o desquite ante o Saeplast Cañiza, un dos equipos que lle gañara na primeira volta. Bo partido dos de Fran Teixeira, que asinaron un parcial de 6-1 na segunda parte. Os de Capela ademais benefícianse do tropezo do Calvio Xiria, que perdeu en Lalín, co que igualan ao líder. O sábado xogarán en Vigo na pista do Seis do Nadal, sexto na táboa.
SAR Plastic Omnium 25-23 Porriño
Os homes de Carlos Rey escalaron tres posicións logo dunha vitoria moi traballada ante o Galserco Porriño.Os redondeláns tiveron que sufrir ata o final para facerse cos puntos nun partido moi igualado. A SAR xoga tamén en Vigo a próxima fin de semana, no pavillón do Lavadores, equipo situado na metade baixa da táboa.
 

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará