Hoxe é Luns 7 de Outubro de 2024
Stations
NOTHING FOUND!
Current listeners: 
Peak listeners: 

Máis de mil persoas participarán no desfile de comparsas do entroido

RR_Noticias

O percorrido do vindeiro domingo contará con 18 comparsas que sairán ás 18:00 horas dende o campo da feira para percorrer o casco urbano. O martes do entroido os nenos terán o seu espazo na alameda cunha ludoteca e un espectáculo de animación infantil a partir das 16:30 horas. Nesa xornada celebrarase tamén o tradicional concurso de disfraces con animación musical. O espectáculo da queima do meco partirá dende Vilavella e rematará coa queima dun meco que este ano representa o maltrato animal. As actividades seguirán o sábado 13 de febreiro en Chapela coa tradicional enterro do berete.

Bolywood, os anos 80, os personaxes de Frozen ou as 7 marabillas do mundo serán tan so algunhas das temáticas que protagonizarán as 18 comparsas que este domingo percorrerán o centro de Redondela. Un desfile que está previsto saia dende o Campo da Feira ás seis da tarde malia que dende a concellería de festas tamén prevén a posibilidade de que teña que desprazarse no caso de que as inclemencias meteorolóxicas impidan a súa normal celebración. Nese caso adiaríase ata o domingo 14 de febreiro. Un desfile que congregará no centro da vila a máis de mil participantes con comparsas procedentes de Redondela, Vigo, Arcade, Pontecaldelas, Pontevedra, Tomiño, Vilaboa, Pontesampaio e Bueu. Xa o martes terán lugar as actividades máis participativas motivo polo que tamén se inclúe un intenso programa dirixido aos máis novos. Unha festa infantil que este ano trasládase á Alameda debido ao elevado número de nenos asistentes e que arrancará ás 16:30 horas cunha ludoteca na que os pequenos contarán con obradoiros de máscaras, maquillaxe, tatuaxe e globoflexia. A música correrá a cargo do grupo de animación infantil Nifú Nifá Animación. Como novidade desta edición para participar no concurso de disfraces para grupos,m parellas e individuais será necesario subirse a un palco que estará colocado diante do balcón do concello. Unha novidade que busca facer máis operativo este concurso nunha xornada na que son centos de persoas as que ateigan as rúas. A tarde continuará coa animación de rúa a cargo da charanga Noroeste e ás 19:30 arrancará o espectáculo errante, cun desfile que partirá dende Vilavella e rematará no Concello coa tradicional queima do meco, que este ano representa o maltrato animal. Segundo di o alcalde, Jaiver Bas, “queremos que esta festa serva tamén para reflexionar sobre as barbaridades que as veces se lle fan aos animais”. Actos en Chapela A festa continuará na vindeira semana con protagonismo para Chapela. Ata esa parroquia desprazaranse as actividades o sábado día 13, xornada na que tradicionalmente se celebra o enterro do Berete. A organización desta cita recae este ano plenamente no concello que busca ademais promover un maior número de comparsas participantes. Está confirmada xa a participación dun total de 9 agrupación entre as que se atopan dous colexios, asociación e hostaleiros, aínda que a inscrición para participar neste entroido estará aberta ata o mércores 10. Un entroido que é toda unha “festa de referencia” en Redondela e que conta para a súa organización cun orzamento de 36.000 euros.  

Javier Bas alcalde
Unha festa de referencia
Contra o maltrato animal
O meco deste ano quere ser tamén unha chamada de atención
Jesús Crespo concelleiro de eventos
Os nenos terán o seu espazo na Alameda
Un palco para desfilar
Os participantes no concurso do martes deberán subirse a un escenario
Enterro do berete
Chapela vivirá o seu día grande o sábado 13

Facebook
Twitter
LinkedIn
Pinterest
WhatsApp

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará